O enigma de Sempreviva Andrea Maceiras portada

O enigma de Sempreviva

  1. Andrea Maceiras
  2. Infantil
  3. O enigma de Sempreviva

Os segredos máis grandes ocúltanse sempre nos lugares máis inverosímiles

Charlie e a fábrica de chocolate, Roald Dahl.

Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna. A nena queda moito tempo soa na vella escola onde viven, coa única compaña de Sentinela, a súa asistente virtual. Un día decátase de que no patio agromou un pequeno brote verde. Decide facerse cargo del e así atopará unha caixa con obxectos que pertenceron a un neno chamado Olmo. Se cadra neles se atope a resposta ao enigma de Sempreviva.

Info para lector@s

» Idade: a partir de 10 anos.

» Ilustracións: Sara Porras.

» Páxinas: 144.

» Editorial: Xerais.

» Traducciones: español.

» Temas: ecoloxismo, enigma, esperanza, natureza, tesouros, soidade.

El enigma de Siempreviva info

Curiosidades de O enigma de Sempreviva

El enigma de Siempreviva curiosidades

Unha vella caixa de galletas cun tesouro dentro…

Sempre pensei que os verdadeiros tesouros aparecen nos lugares máis impensados. Iso é precisamente o que lle acontece á protagonista desta historia.

Senda múdase cos seus pais á pequena aldea de Sempreviva. En Sempreviva só quedan tres veciños, xa anciáns. A terra é vermella e estéril e todo está contaminado. Os pais de Senda son biólogos e tratan de buscar unha solución para o lugar. Por iso, Senda pasa os días soa, coa única compaña de Sentinela, a súa neneira virtual. Alóxanse na vella escola, no mesmo lugar no que a súa avoa Úrsula traballou como mestra, moitos anos antes. E é precisamente no seu patio onde atopa o tesouro co que se inicia esta historia.

…e unha misteriosa inscrición na súa tapa…

Un día Senda descobre un pequeno brote verde que medra no patio da escola. Despois de tantos días de po e soidade, Senda decide rescatalo antes de que os seus pais o vexan e tomen mostras. Necesita ter un ser vivo ao seu carón. Porén, ao afundir a pa na terra para desenterralo, escoita un son metálico. Baixo a pequena planta atopa unha vella caixa de galletas. Na súa tapa hai unhas letras escritas a man que din “antes da terra vermella”. Dentro da caixa hai tres obxectos misteriosos: uns anteollos, un bote de terra limpa e un sobre con sementes de xirasol. Tamén unha carta na que o último neno de Sempreviva explica que eses son os seus tesouros máis valiosos.

…que contén moitas historias no seu interior.

O que Senda non pode sospeitar é que eses obxectos conteñen a resposta ao enigma de Sempreviva. Tampouco que cada un deles garda dentro de si unha historia. Nin que Olmo, o último neno de Sempreviva está desexando contarllas. Claro que, para iso, terá que confiar nas súas palabras. E é que os segredos máis grandes se agochan sempre nos lugares máis inverosímiles.

O enigma de Sempreviva é unha historia que fala da natureza, das aldeas baleiras, da soidade. Pero, sobre todo, fala da esperanza. E do amor. Dos distintos tipos de amor que existen e das persoas coas que compartimos ese amor nas nosas vidas.

Das persoas anteollos, que están preto, aínda que parezan lonxe.

Das persoas xirasol, que nos alumean o camiño.

Das persoas semente, que buscan terra limpa na que medrar.

E das semprevivas, que permanecen para sempre na nosa memoria.

Mucha historia en su interior
ISBN
978-84-1110-617-7
Traduccións
Español
Encadernación
Cartonado
Fecha de publicación
16/01/2025
Tamaño
13 x 20 cm

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed