El silbido de la sombra español Andrea Maceiras literatura juvenil

El silbido de la sombra

  1. Andrea Maceiras
  2. Xuvenil
  3. El silbido de la sombra

Esta é unha historia sobre o que somos.

Sobre a sombra e o seu asubío.

Sobre o noso latexo e o latexo da natureza.

Cando Lena se muda a Promessa, unha pequena cidade preto da selva, síntese dividida entre a vida que deixou atrás e o seu futuro nun lugar descoñecido. A rapaza non é quen de facer novas amizades ata que coñece a Okre, un mozo indíxena que é capaz de percibir o asubío de sombra, ese veo de tristura que a atravesa. Mentres tanto, un veleno letal está destruíndo a natureza e a pobloación autóctona que habita nella.

El día que Okre desaparece, Lena no duda en internarse en el corazón de la selva hasta encontrarlo.

Info para lector@s

» Idade: a partir de 12 anos.

» Páxinas: 176.

» Editorial: Oxford.

» Temas: ecoloxismo, natureza, selva, sombra, superación.

Info para lectores El silbido de la sombra

Curiosidades de El silbido de la sombra

Una historia que nace de un lugar que ya no existe

Unha historia que nace dun lugar que xa non existe…

Hai algúns anos coñecín un lugar inexistente. Nunha viaxe, tiven a oportunidade de visitar unha comunidade indíxena que vivía apartada do seu territorio na fronteira entre Brasil e Arxentina. As terras dos seus devanceiros foran ocupadas por unha estrada, de modo que se viron na obriga de trasladarse lonxe do seu enclave orixinal. Perder o seu terreo significou deixar atrás parte dos seus costumes, do seu modo de vida, da súa identidade única. Aquel lugar xa non existía e, porén, aínda habitaba no seu interior.

Non puiden acadar a comprender o misterioso vínculo que esta comunidade mantiña coa que fora a súa terra. Xenerosamente compartiron comigo todo o que dela gardaran: as súas lendas e trampas para a caza, as súas artesanías e sementes, as súas cancións e alimentos. Así era como vivían, amosando as súas tradicións os turistas, compartindo o seu legado para subsistir.

Eles eran o lugar, pero a súa terra era distinta.

E había unha sombra de tristura nos seus ollos.

…baseada no home burato e na lenda do teito do mundo…

Xa na casa, pescudei moito sobre aquela comunidade e tantas outras con situacións semellantes ou con risco inminente de padecelas. Así, descubrín unha nova recente e unha lenda antiga que acabaron inspirando esta historia.

A nova falaba sobre a vida do último integrante dunha comunidade indíxena, un individuo coñecido como “o home do burato”.

A lenda era un mito fundacional da comunidade amazónica mebengokre. Relataba a aventura dun dos seus cazadores quen, perseguindo un armadillo cara o interior do seu tobo, cavara e cavara ata perforar o teito do mundo. Así, caera desde as estrelas ata o verdor incomparable da selva, lugar ao que guiara a súa comunidade.

Podería contar máis, pero é mellor que leas esta historia.

Nela tamén hai un mundo que contén outro.

Hombre agujero y leyenda del techo del mundo
El silbido de la sombra Andrea Maceiras

…e atravesada polo asubío da sombra.

Lena acaba de mudarse a Promessa. Nunca estivo tan preto da selva real, desa que se expande ao outro lado dos muros do seu novo colexio e que lle produce unha mestura de temor e curiosidade. Os días pasan monótonos, mentres trata de se desfacer desa sombra que lle aperta o peito e que ninguén parece comprender. Ata que coñece a Okre, un rapaz da comunidade indíxena urari, capaz de escoitar o que outros non escoitan. Só el entende o veleno que oprime a Lena por dentro. É un veleno antigo, tanto como a terra, un veleno que asubía envolto na súa propia escuridade e que Okre coñece ben. Por iso, cando Okre desaparece sen deixar rastro, Lena non dubida en internarse na profundidade da selva para dar co seu paradoiro, para buscarse tamén a si mesma. Para mirar á sombra en fite e apagar, dunha vez por todas, o seu asubío.

ISBN
978-84-198-7617-1
Colección
Lidera. Herizonte
Encadernación
Rústica
Fecha de publicación
Maio de 2024
Tamaño
13.5 x 20 cm

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed