Proxecto bolboreta portada Andrea Maceiras

Proxecto bolboreta

Proxecto bolboreta relata a historia de Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, quen viaxa dende Pequín a Nova York para realizar un singular experimento. A súa intención é a de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como “Efecto Bolboreta”, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: “o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao
outro lado do mundo”.

Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.

Info para lector@s

» Edad: a partir de 12 anos.

» Portada: Antonio Seijas.

» Páginas: 120.

» Editorial: Xerais.

» Idioma: galego.

» Temas: aventuras, efecto bolboreta, soños, viaxes. 

Proxecto bolboreta info para lectores

Curiosidades da historia

Proxecto bolboreta curiosidades

Unha novela de viaxes…

Hadrián Barcés é a combinación perfecta entre razón e creatividade, entre ciencia e literatura. Tamén é o gañador dun premio Ignobel pola súa extravagante investigación sobre o efecto bolboreta e a teoría do
caos, un estudio que o leva a embarcarse nunha viaxe que cambiará a súa vida e a de moitas persoas coas que se cruza no camiño.

…tras o bater das ás dunha bolboreta…

Todo comeza cun voo a Pequín. Alí Hadrián selecciona coidadosamente un exemplar de bolboreta e espera a que emprenda o voo para seguir a brisa que se desprende da súa á esquerda. Esta leve corrente de aire vai desprazarse por todo o mundo variando de forma e intensidade. E quizais mesmo se transforme nunha tormenta en Nova York, como di o proverbio.

…e a comprobación do seu efecto.

Pero o bater das ás dunha bolboreta é moito máis ca iso. Sobre todo porque as bolboretas teñen dúas ás. E a á dereita da bolboreta que Hadrián escolle para o seu experimento xera a súa propia brisa creando unha historia paralela, destinada a converxer coa súa irmá xemelga. Tal vez baixo a mesma chuvia.

Proxecto bolboreta curiosidades 2
ISBN
978-84-9782-824-6
Traduccións
No
Encuadernación
Rústica hilo
Fecha de publicación
07/2008
Tamaño
13 x 21 cm