Europa express portada Andrea Maceiras literatura juvenil

Europa express

Europa Express convídanos a mergullarnos nunha trama de misterio onde os protagonistas loitan por desvelar un segredo do pasado ao tempo que reviven a viaxe de interrail que marcou as súas vidas.

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe. Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Bergen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento.

Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade  nexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.

» Proposta didáctica

Info para lector@s

» Edad: a partir de 13 anos.

» Portada: Antonio Seijas.

» Páginas: 216.

» Editorial: Xerais.

» Idioma: Gallego.

» Temas: adolescencia, amizade, amor, identidade, intriga psicolóxica, libertade, viaxes.

Europa express info para lectores

Curiosidades de Europa Express

Europa express curiosidades de la historia

Unha postal que oculta un segredo do pasado…

Dez anos despois da viaxe de interrail que marcou a súa vida, Nico regresa á cidade norueguesa de Bergen nunha viaxe de traballo. Xa non é o adolescente tímido de antes, senón un informático que viaxa polo mundo impartindo conferencias. Porén, non pode evitar deterse a comprar unha postal nunha tenda de souvenirs do porto. E, de regreso no hotel, mentres contempla detidamente a imaxe, non acredita o que se agocha nela.

… tomada durante unha viaxe de interrail…

E é que a imaxe da postal foi tomada no preciso instante no que el e o seu grupo de amigos visitaban a cidade. Axiña recoñece a Óscar, coa súa inconfundible camiseta azul e branca, a Beatriz, que leva posta a saia que todos lle agasallaron polo aniversario; tamén a Piero, co seu característico peiteado e o impecable estilo de Mía. Atópase a si mesmo. Pero cando ve a Xacobe e Aroa, encólleselle o corazón. Non pode crer o que están a facer. Non é posible que se estean a bicar.

…que altera o curso das vidas dos protagonistas.

Intrigado polos segredos dun pasado que deixou a súa pegada en todos os membros do grupo, Nico decide reunir aos seus amigos da adolescencia na procura de respostas. Talvez a verdade estea máis preto do que parece. E descubrila podería supoñer un punto de inflexión nas súas vidas.

Europa express info para lectores
ISBN
978-84-9914-943-1
Traduccións
No
Encuadernación
Rústica hilo
Fecha de publicación
11/2015
Tamaño
13 x 21 cm