Violeta tamurana portada Andrea Maceiras

Violeta tamurana

Violeta tamurana conta a historia das fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza. Trátase dunhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial
das que forman o Arquipélago Perdido.

A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestimenta branca comezan a devastar Tamurana, Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou.

Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.

Info para lector@s

» Edad: 10 a 12 anos.

» Ilustraciones: Rodrigo Chao Blanco.

» Páginas: 224.

» Editorial: Baía Edicións.

» Idioma: galego.

» Temas: amizade, ecoloxismo, fantasía, igualdade, racismo, tolerancia.

Violeta tamurana info para lectores

Curiosidades de Violeta tamurana

Violeta tamurana curiosidades en el corazón del archipiélago perdido

No corazón do Arquipélago Perdido…

O Arquipélago Perdido é un lugar ficticio que ben podería ser real.

Ambientada nun mundo imaxinario, Violeta tamurana reflicte o castigo ao que son sometidos moitos lugares que pola súa abundancia de recursos, acaban por se converter no obxecto da devastación causada por intereses alleos.

…escóitanse os berros das tamuras…

As tamuras, das que medran as flores da tamurana, son plantas extraordinarias. Os seus pétalos violetas crean cancións co vento. E os seus berros escóitanse cando son cortadas. Pero os intrusos de vestimenta branca, que ameazan con deforestar a illa de Tamurana, ignoran a voz da natureza.

…e só un mozo pode dar coa clave para salvar o seu mundo.

Por iso Pao, un rapaz que vive en Tamura e que ten a pel de cor violeta, como todo na illa, emprende unha arriscada viaxe ao Continente Luminoso na procura de respostas. Nunha xeografía onde as cores son de vital importancia, o segredo prohibido oculta a clave para recuperar o violeta das tamuranas.

Violeta tamurana solo un joven puede dar con la clave para salvar su mundo
ISBN
978-84-92630-85-1
Traduccións
No
Encuadernación
Rústica hilo
Fecha de publicación
2010
Tamaño
20×13 cm