O segredo do lagarto arnal portada Andrea Maceiras

O segredo do lagarto arnal

O segredo do lagarto arnal é unha historia que nos fala de quen somos pero, sobre todo, de quen queremos chegar a ser.

Despois dunha visita ao que será o seu instituto no curso próximo, David sente que algo non vai ben. As sombras dos lagartos perségueno na rúa, na escola e mesmo na casa, facéndoo lembrar intensamente a aldea dos seus avós, Santo Antón de Piñeiro.

David sabe que só alí pode volver ser el mesmo e responder ao seu nome verdadeiro: Arnal. Tampouco pode esquecer a persoa que lle puxo ese alcume, o seu curmán Marcos, un rapaz introvertido que desapareceu misteriosamente e de quen ninguén quere falar. Por iso David está disposto a dedicar todo o verán a procurar a luz nas sombras do seu pasado. Quizais así poida reencontrarse cos seus amigos da primeira infancia, esquecer un pouco o divorcio de seus pais, revelar un segredo familiar oculto e dicir, ben alto, que todas as persoas teñen o dereito de decidiren o seu destino, sexa este o dos lagartos, o das avelaíñas ou mesmo o das bolboretas.

Info para lector@s

» Edad: de 6 a 12 anos.

» Ilustraciones: Noemí López Vázquez.

» Páginas: 128.

» Editorial: Baía Edicións.

» Idioma: galego.

» Temas: aceptación, amizade, identidade, diversidade, tolerancia.

O segredo do lagarto arnal info para lectores

Curiosidades de O segredo do lagarto arnal

O segredo do lagarto arnal curiosidades

Arnal regresa a aldea da súa infancia…

Arnal é o nome que recibe o lagarto ocelado (Timon lepidus) nalgunhas zonas de Galicia. Pode chegar a medir 70 centímetros e é de cor verde e castaña, con bandas ou pintas azuis no seu dorso. En Galicia e noutros lugares considérase que ver un lagarto é un bo presaxio. O meu avó di que traen boa sorte. A min paréceme que son moi intelixentes. Desfrutan do sol e escapúlense rapidamente ante o menor indicio de perigo. Por iso a David, o  rotagonista desta historia, gústalle que o alcumen co nome deste lagarto.

…para descubrir que o segredo do lagarto arnal…

O que sucede é que, cando regresa á súa aldea, tras varios veráns sen visitala, todo está moi cambiado. Os seus amigos xa non son os mesmos. Se cadra el tampouco o é. Pero en Santo Antón de Piñeiro pode volver sentirse Arnal. E empéñase en convencer a Alex e Catuxa de que eles tamén poden ser quen se propoñan.

…é máis importante do que parece.

Porén, alguén moi importante para David desapareceu. E precisa atopalo. Por que ninguén lle conta que pasou co seu curmán Marcos? Tal vez el tamén precise que alguén lle lembre que, sexamos quen sexamos, todos temos o dereito de decidir o noso destino.

O segredo do lagarto arnal curiosidades 2
ISBN
978-84-9995-048-8
Traduccións
No
Encuadernación
Rústica hilo
Fecha de publicación
2012
Tamaño
20×13 cm