Increíble Sofía é a primeira historia da saga Los Prodigiosos.
Sabías que todos temos un superpoder? Adiviña, cal é o teu? Atrévete a descubrilo xunto con Los Prodigiosos, un club de nenos e nenas con dons marabillosos que se unen para facer fronte aos malvados
Molones e converter o barrio de Normal nun lugar extraordinario. Coñece ti tamén o superpoder que te fai prodixios@!
A Sofía encántanlle os trebellos, a súa cadeliña-robot e as preguntas complicadas. Porén, non ten resposta para a máis difícil de todas: que lle acontece ao seu irmán Adrián? Para pescudalo, deberá poñer a proba o seu enxeño, enfrontarse aos temidos Molones e crear unha morea de inventos disparatados.
Ah! E o máis importante: descubrir o superpoder que a fai incrible.