Conta nove estrelas portada gallego Andrea Maceiras literatura infantil

Conta nove estrelas

Conta nove estrelas relata a historia de Quepi, Udai e o seu avó Acasi. Son unha singular familia do planeta Dot, na Galaxia Oma. Sobreviven de forma precaria nun lugar tan fermoso como inhóspito. Quepi é unha nena dotada cun don moi especial que lle permite comunicarse coa natureza. Por esta razón, o seu avó obrígaa a cumprir Tres Normas Inquebrantables para manterse a salvo.

Certo día, o equilibrio da Galaxia Oma vese comprometido por unha praga de seres chamados bobós, capaces de destruír o mundo coñecido. Pero nin os bobós non son tan inútiles e destrutivos, nin Quepi tan obediente, nin a súa familia está onde debería. Existe un gran segredo que os une e que os vai levar por un camiño de crecemento persoal, de aceptación e descubertas, no que nada é o que parece.

» Guía de lectura

Info para lector@s

» Idade: a partir de 8 anos.

» Ilustraciones: Paula Mayor.

» Páginas: 152.

» Editorial: Xerais.

» Traducciones: español.

» Temas: amizade, animais, aventuras, natureza, solidariedade, valor, viaxes.

Conta nove estrelas info para lectores

Curiosidades de Conta nove estrelas

Conta nove estrelas foto frontal

Ambientada nunha galaxia moi afastada…

Ou quizais non tanto! En realidade, a galaxia Oma, na que acontece a historia, está totalmente inspirada na nosa Vía Láctea. Trátase dunha galaxia en espiral, formada por distintos brazos, que contén no seu centro un burato negro. O planeta Dot, no que vive Quepi, está alumeado por dous soles: o sol de Bram e o sol de Sibi. Baséanse nos sistemas de soles binarios que hai no noso universo. E tinguen Dot coa luz dos seus distintos resplandores.

…na que habitan uns seres moi especiais…

Os bobós, en cambio, son seres ficticios. Porén, no momento no que estaba escribindo Conta nove estrelas, chegou á miña vida un ser peludo e branco, de aspecto adorable. Chamábase Gala e era unha gata. Podía ser tan destrutiva como o máis perigoso dos bobós. E, sen dúbida, tan incrible coma eles. Acompañoume nesta historia e tamén en moitas outras. Gústame pensar que segue a facelo, tal vez desde algunha galaxia tan distante como Oma.

…e unha nena que sofre por sentirse diferente.

De todos os personaxes das miñas historias, sinto un especial cariño por Quepi. Ela ten un don que a fai distinta e polo que debe agocharse. Mesmo nunha galaxia con formas de vida estrañas e singulares, Quepi sofre por ser diferente. Esa é unha experiencia tan universal que calquera pode comprendela, xa sexa desde a terra ou no planeta Dot. E é que, ao final, sexamos aliens ou persoas, todos os seres vivos temos algo que nos fai únicos.

Conta nove estrelas curiosidades
ISBN
978-84-698-4860-9
Traduccións
Español
Encuadernación
Rústica Hilo
Fecha de publicación
20/06/2019
Tamaño
14 x 19 cm