Burbullas de calma serena portada Andrea Maceiras

Burbullas de calma serena

Burbullas de calma serena fala de Casiopea, unha gata doméstica, pouco afeita ás aventuras. Non pode imaxinar que será a primeira gata de Agarimo en ver un alien, tampouco que o acollerá na súa casa nin o desastre que se vai formar.

Do outro lado da rúa, Alma vive con ansiedade a chegada dos seus tres terribles curmáns. Noa está sempre enfadada, Luc non para de chorar e Nico só cala e observa. Así é imposible concentrarse nos deberes de matemáticas!

Malia todo, Agarimo non é un lugar tan tranquilo como parece… E un alien capaz de fundir todas as luces da urbanización cando perde os nervios non é un segredo fácil de agochar.

Se cadra, no planeta Sosego teñen razón e a calma é a solución perfecta.

O problema é que, ás veces, as emocións estouran coma burbullas.

Info para lector@s

» Edad: a partir de 8 anos.

» Ilustraciones: Irene Sanjuán.

» Páginas: 240.

» Editorial: Cuarto de inverno.

» Idioma: gallego.

» Temas: aliens, amizade, autocoñecemento, emocións, superación persoal.

Burbullas de calma serena info para lectores

Curiosidades de Burbullas de calma serena

Burbullas de calma serena curiosidades

Unha historia sobre un alien moi especial…

A gata Casiopea leva unha existencia cómoda e tranquila na casa da torre, o lugar máis especial da urbanización de Agarimo. Os donos da casa son un matrimonio de astrónomos que viaxa durante longas tempadas. Por iso Alma, a filla dos veciños, é a encargada de alimentala. Pero todo cambia cando Casiopea recibe unha visita que aterra xusto ao outro lado da súa fiestra…

…que causa desastres e crea burbullas cheas de emocións…

É un alien? Ou é un gato? Ou trátase de Willy GreenEyes, o actor de moda? E que pintan esas orellas amarelas na súa cabeza?

En realidade, Orión é todo iso e case calquera cousa que se propoña. Provén dunha galaxia moi distante. Por iso pode adoptar a forma que desexe e fundir todos os farois da rúa cando os nervios o traizoan. Para Casiopea non resulta sinxelo agochar un extraterrestre tan caótico. E todo empeora cando Alma descobre a Orión oculto no armario da cociña devorando latas de comida para gatos e fuxe asustada. Como se ela non tivese xa os seus propios problemas!

…capaces de reflectir os nosos mundos internos.

O que lle sucede a Alma é que os seus tres curmáns viven agora na súa casa. Noa sempre anda enfadada, Nico non di palabra e Luc non para de chorar. Así é imposible estudar matemáticas e, co primeiro suspenso, Alma sinte que unha terrible ansiedade comeza a oprimirlle o peito. Pero a quen pode pedir axuda?

Se cadra Orión ten a solución. No planeta Sosego todo se rexe pola Lei da Perfecta Calma. Claro que chegar a ese estado non sempre é fácil. Tería que crear unha burbulla para cada unha das emocións dos seus novos amigos. O problema é que Orión non é moi bo estudante. A ansiedade, o enfado, a tristura e o noxo son emocións difíciles de manexar. Sobre todo, cando alguén da veciñanza axexa todos os teus movementos.

Burbullas de calma serena é unha novela chea de estrelas. E de burbullas. E de todo o que nos pasa por dentro.

Burbullas de calma serena curiosidades 2
ISBN
978-84-124586-2-6
Traduccións
No
Encuadernación
Rústica hilo
Fecha de publicación
09/2022
Tamaño
12,5 x 20 cm