Alma de elefante portada gallego Andrea Maceiras literatura infantil

Alma de elefante

Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante!

Pero ás veces as cousas no son o que parecen.

Ás veces os tesouros teñen catro patas.

E só as bolboretas voan o suficientemente alto para atopalos.

Info para lector@s

» Idade: a partir de 8 anos.

» Ilustracións: Jordi Solano.

» Páxinas: 160.

» Editorial: Xerais.

» Idioma: español.

» Temas: amizade, animais, aventuras, natureza, solidariedade, viaxes.

Alma de elefante Andrea Maceiras info para lectores

Curiosidades de Alma de elefante

Andrea Maceiras curiosidades

Unha historia ambientada no surleste asiático…

Alma de elefante nace dunha das miñas viaxes polo sur-leste asiático. Está dedicada ao neno ou á nena que perdeu o debuxo que eu atopei preto de Banteay Srei e que inspirou, sen sabelo, esta aventura.

Non podía ser de outro modo.

…que se inspira nun debuxo…

O templo de Banteay Srei é un dos máis singulares e afastados do complexo de templos de Angkor, en Cambodia. A primeira vez que o visitei, había un grupo de nenos e nenas nos seus arredores. Xogaban
a espantar unha bandada de garzas brancas. Alí atopei unha cuartilla escolar cun debuxo moi simple e bonito, feito a lapis por unha man infantil. Nel reflectíase a paisaxe que tiña ante os meus ollos: os campos de cultivo, as pequenas casas, o sol do amencer e un ceo sucado por un avión. Tamén aparecía un grupo de nenos e nenas que avanzaba por un camiño nun arrozal. Un deles ía subido nun gran animal que parecía un elefante.

Gardei o debuxo no meu diario de viaxes porque pensei que contaba unha historia á que so lle faltaban as palabras, como unha postal sen mensaxe.

…e nun elefante moi especial.

Noutra das miñas viaxes tiven a oportunidade de visitar un santuario de elefantes. Así coñecín a Tep, que traballara paseando a turistas no seu lombo. Foi un encontro tan especial que acabou por colarse nas páxinas de esta historia.

andrea maceiras elefantes
ISBN
978-84-1110-237-7
Traduccións
Español
Encuadernación
Rústica hilo
Fecha de publicación
19/01/2023
Tamaño
13.5 x 20.5 cm