que me pare o corazón se te esquezo portada gallego Andrea Maceiras literatura xuvenil

Que me pare o corazón se te esquezo

Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e que se abre paso alén das pantallas, escurecido polas peores sombras e, ao tempo, capaz de emitir a maior luz.

Grazas aos seus arriscados retos virais, Blue Shiva é a deusa das redes. Pero é unha deusa fráxil. A noite na que bota a camiñar polo borde dun edificio de dez pisos, no fondo desexa que a chuvia poña freo á súa ousadía. Pero Nordestal é unha cidade de vento. E Blue Shiva precipítase ao seu propio baleiro.

A nova da súa morte corre como a pólvora por todo internet. Ao outro lado da pantalla, Ada, incapaz de aceptar que Blue Shiva xa non exista, converte á súa xemelga Lúa en cómplice involuntaria dunha escura espiral de retos virais. Pola súa parte, Gabriel, amigo da infancia de Blue Shiva, regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.

» Guía de lectura

Info para lector@s

» Edad: a partir de 14 anos.

» Páginas: 248.

» Editorial: Xerais.

» Idioma: galego.

» Temas: diversidade, identidade, redes sociais, retos virais, saúde mental.

Curiosidades da historia

Andrea Maceiras Que se me pare el corazón si te olvido playa

Unha historia sobre o mar que nos axita…

Que me pare o corazón se te esquezo é unha novela que nace da necesidade de buscar quen somos e do desexo de quen queremos ser, pero, sobre todo, de como nos esforzamos por amosarnos ante os demais. E do arriscado de fiarse das aparencias.

…as luces e as sombras das redes sociais…

Por esta razón, os nomes que empregan os personaxes da novela nas súas redes sociais son moi significativos. Ao outro lado da pantalla, Ada é Fada Escura. O seu mundo interno tinguiuse de negrura. Só a súa irmá Lúa, Plenilunio, é capaz de alumealo. Pola súa banda, Gabriel, escolle o sobrenome de Dante en homenaxe ao poeta italiano Dante Aligheri. A Divina Comedia, relata a baixada aos infernos do seu protagonista e coincide co nome da canle de Gabriel, reflectindo a súa experiencia.

O nome de Blue Shiva está escollido pola súa ambivalencia, xa que o deus hinduísta Shiva é unha divindade transformadora, que crea e destrúe. Algo semellante sucede con Minina Bastet que, neste caso, nos traslada á mitoloxía exipcia, na que se adoraba á deusa gato Bastet (unha das miñas preferidas). Ao igual que os felinos, esta deusa é imprevisible e pode amosarse pacífica ou salvaxe. En canto a Lady Idunn, inspírase nas lendas nórdicas e era a deusa da beleza e a eterna mocidade, valores esenciais nas redes sociais. Elas son as deusas das pantallas. Crearon un universo propio. E tamén o seu abismo.

… e ambientada en Nordestal.

Pero se hai un nome que importante para min nesta historia é o de Nordestal.

Existe na miña realidade unha cidade tan parecida a Nordestal que se diría que son a mesma. Esta é tamén unha cidade de nordeste, feita de brétemas e vento salgado. E desta combinación nace o seu sobrenome ficticio que, para min, é xa verdadeiro.

Benvidos, benvidas a Nordestal.

Andrea Maceiras Que se me pare el corazón si te olvido jersey libro
ISBN
978-84-143-3571-0
Traduccións
Español
Encuadernación
Rústica Hilo
Fecha de publicación
07/09/2023
Tamaño
14 x 21 cm