O que sei do silencio portada Andrea Maceiras literatura xuvenil

O que sei do silencio

O que sei do silencio relata unha historia de acoso inspirada libremente nun suceso real.

«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»

O que sei do silencio é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. A historia afonda, desde voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran
o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

» Proposta didáctica

Info para lector@s

» Edad: a partir de 14 anos.

» Páginas: 224.

» Editorial: Algar.

» Idioma: galego.

» Temas: acoso escolar, amizade, blog, diversidade, instituto, tolerancia.

O que sei do silencio info para lectores

Curiosidades de O que sei do silencio

O que sei do silencio Andrea Maceiras libro

Unha novela sobre o acoso escolar…

Movida polo desexo de pertencer a un grupo social, Delia déixase levar polas rapazas populares do seu instituto e é testemuña de como acosan a Silke, a alumna acabada de chegar. Tamén de como este bullying, ao que ninguén sabe poñer freo, se estende polo instituto ata crear unha situación insostible.

…desde o punto de vista dunha acosadora pasiva…

Porén, Delia séntese incapaz de alzar a voz para denunciar a situación. E comeza a afogar baixo o peso do seu propio silencio. Porque o silencio pode acompañarnos e protexernos. Pero, cando se volve daniño, cómpre procurar a forma de facernos escoitar. Esta é a historia unha historia de acoso contada desde unha perspectiva distinta: a dunha testemuña pasiva e involuntaria que non atopa a saída do labirinto. O mundo de Delia ameaza con virse abaixo. E o medo ás represalias paralízaa.

…que relata no seu blog o que aprendeu do silencio.

Por iso decide abrir un blog no que contar a súa historia. A historia de como acosaron a Silke. Do que aprendeu naqueles días de silencio. No seu relato mestúranse outras voces: as de persoas que se senten identificadas, a de quen desvaloriza a súa situación. E a de Leaena Hiems, autora dun volume de contos, De cando fun serea, que Delia intercala entre as súas reflexións na procura de alento.

O que sei do silencio curiosidades
ISBN
978-84-9142-360-7
Traduccións
Español
Encuadernación
Rústica hilo
Fecha de publicación
05/2020
Tamaño
13 x 20,5 cm