Libros xuvenís

que me pare o corazón se te esquezo portada gallego Andrea Maceiras literatura xuvenil

Que me pare o corazón se te esquezo

Unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e que se abre paso máis alá das pantallas, escurecido polas peores sombras e, as veces, capaz de emitir a maior das luces.

Grazas a os sus arriscados retos virais, Blue Shiva é a deusa das redes. Pero é unha deusa fráxil. A noite que bota a camiñar polo fío dun edificio de dez pisos, no fondo desexa que a chuvia poña freno a su osadía. Pero, máis que de chuvia, Nordestal é unha cidade de vento.

A nova da sua morte corre como a pólvora por todo Internet. Ao outro lado de la pantalla, Ada, incapaz de aceptar que Blue Shiva xa non exista, convirte a sua xemelga Luna nunha cómplice involuntaria dunha escura espiral de retos e luto. Pola súa parte, Gabriel, amigo da infancia de Blue Shiva, regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.

O que sei do silencio portada Andrea Maceiras literatura xuvenil

O que sei do silencio

«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. As sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»

Inspirada libremente nun suceso real, O que sei do silencio relata a historia de cómo Delia convertiuse nunha acosadora pasiva dunha rapaza do seu instituto.

Europa express portada Andrea Maceiras literatura juvenil

Europa express

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden facer unha viaxe de interrail ao rematar o bacharelato. A liberdade da sua aventura contrasta co seu imprevisto final. Dez anos despois desta viaxe, Nico regresa a Bergen, onde atopa unha postal onde aparece o seu grupo. Pero esta postal oculta un segredo inesperado capaz de alterar as suas vidas.

Narrada dende o punto de vista dos distintos personaxes, a historia combina dous tempos narrativos para avanzar cara unha verdade inexorable, que cambia a existencia dos seus protagonistas, ao tempo que profundiza na esencia da adolescencia, tan efímera no tempo como perdurable na memoria.

Nubes de evolución portada Andrea Maceiras

Nubes de evolución

Sempre vai frío na estación de autobuses.

Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu.

O frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais.

Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús.

As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».

Proxecto bolboreta portada Andrea Maceiras

Proxecto bolboreta

Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como “Efecto Bolboreta”, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: “o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”.

Por iso, Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños.

O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.