Volverás golfiño portada Andrea Maceiras literatura infantil

Volverás, golfiño

Volverás golfiño é unha historia de naufraxios, fantasmas e amor pola natureza enmarcada na inmensidade do noso mar, que tantos misterios e segredos alberga.

A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisibles perigos.

Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicablemente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.

Info para lector@s

» Edad: a partir de 11 anos.

» Ilustraciones: Victor Rivas.

» Páginas: 144.

» Editorial: Xerais.

» Idioma: galego.

» Temas: ecoloxismo, fantasmas, historia, misterio, natureza, naufraxios.

Volverás golfiño info para lectores

Curiosidades de Volverás, golfiño

Volverás golfiño Costa da morte

Unha historia que sucede na Costa da Morte…

Volverás, golfiño ambiéntase nun dos escenarios máis impresionantes da xeografía galega: a Costa da Morte. Todos os naufraxios que aparecen na novela son históricos e reais. Para a creación de Volverás, golfiño, documenteime en diversas fontes, tanto orais como escritas. Dise que foron os mariñeiros ingleses os que bautizaron o lugar como Costa da Morte polo perigo das súas augas, que arrastraban os barcos cara a costa ata facelos encallar nas rochas.

…coas súas lendas e fantasmas…

Mentres investigaba, encontrei unha hemeroteca dixital con xornais británicos da época. E, de forma inesperada, dei coa listaxe de tripulantes do Iris Hull. Descubrín que había dúas persoas coas iniciais T. Lang e apuntei ese apelido no meu caderno de notas. Non volvín atopar ese xornal. Pero o nome do barco converteuse no nome da nena protagonista, Iris. E o dos tripulantes inspirou o de dos fantasmas desta historia e, especialmente, a Thomas Lang.

…e un mar que alberga moita vida.

A Costa da Morte, ao contrario do que suxire o seu nome, é un lugar rico en biodiversidade, cunha identidade propia. A natureza que rodea a este mar salvaxe, os seus faros, lendas e lugares históricos, como o faro de Cabo Vilán ou o cemiterio dos ingleses, fan desta zona un enclave único para ambientar unha historia. Creo que esta paisaxe foi a que determinou o título. Porque, a fin de contas, o importante é que os delfíns sigan a nadar nas súas augas. E que todo este legado se conserve, talvez convertido en golfiño.

Volverás golfiño un mar que alberga mucha vida
ISBN
978-84-9914-579-2
Traduccións
No
Encuadernación
Rústica hilo
Fecha de publicación
09/2014
Tamaño
14 x 19 cm