Niño y jaguar portada Andrea Maceiras literatura infantil

Niño y jaguar

Niño y jaguar é unha novela de aventuras que nos convida a coñecer o corazón da selva amazónica.

Os xaguares son animais moi poderosos.

Conta a lenda que naceron ao mesmo tempo que o sol e a lúa e por iso a súa pelaxe é dourada como a luz e as súas manchas negras como a noite. Ademais, o sol e a lúa déronlles un don moi especial: os xaguares teñen o poder de visitar aos seres humanos en soños. Son capaces de levarlles mensaxes ou afastar os seus pesadelos. Pero Balam é só un cachorro a noite na que visita ao pequeno Tumi, membro da tribo amazónica Ywatse.

É demasiado pronto. E iso significa que se aproxima unha ameaza. O fume escurece a selva. O veleno chegou ao Río Grande. Pero o ruxido da selva vive nas almas de quen a habitan. E só espera a ser liberado.

Info para lector@s

» Edad: a partir de 8 anos.

» Ilustraciones: Eva Sánchez Gómez.

» Páginas: 128.

» Editorial: Milenio.

» Idioma: español.

» Temas: amor polos animais, amizade, aventuras, ecoloxismo, natureza, selva amazónica, solidariedade.

Niño y jaguar libros

Curiosidades de Niño y jaguar

Andrea Maceiras curiosidades

A voz dun xaguar e un neno…

A tribo ficticia dos Ywatse está inspirada en moitas tribos que viven na selva amazónica. Trátase de culturas tradicionais, en ocasións moi antigas, que actualmente enfrontan diversas ameazas, tales como a
contaminación das augas, os incendios, a minería ou a deforestación. Moitas de estas tribos posúen lendas nas que reflicten a súa especial conexión coa natureza.

Nelas inspírase o relato que abre a novela.

…que atravesan a selva amazónica…

Balam, o xaguar, protexe os pesadelos de Tumi e devora o seu medo, como sempre sucedeu na tribo dos Ywatse. A palabra Balam está tomada da lingua maia e significa “xaguar”. Trátase do nome dun gato negro que chegou a miña vida mentres escribía esta aventura, nun momento de gran incerteza. Axudoume a superalo e aínda o fai, o que me demostra, unha vez máis, o intenso e profundo que pode chegar a ser o vínculo cos animais.

…na procura do máis importante.

Un dos retos de Niño y jaguar era narrar parte da aventura a través dos ollos dun xaguar. Porén, a medida que avanzaba nas súas páxinas, decateime de que tal vez a experiencia vital de Balam na selva non fose tan distinta da dun neno criado nunha tribo. No contexto de ameaza no que transcorre a novela, os protagonistas comparten
temores, preocupacións e emocións. E é que estes dous personaxes están unidos por unha experiencia que transcende calquera especie ou cultura. A de sentirse irmáns.

E tratar de atopar, entre as sombras da selva, a esperanza para a natureza da que forman parte.

Andrea Maceiras Niño y jaguar libro
ISBN
978-84-9743-984-8
Traduccións
Catalán
Encuadernación
Tapa rústica con solapas
Fecha de publicación
Xaneiro 2023
Tamaño
140 x 210 mm